Publicacións

Análise da toponimia de VILALBA. O porqué dos nomes

Imaxe
Esta páxina achega un pequeno estudo da toponimia maior das distintas freguesías do concello de Vilalba.  Esperamos que poida ser de utilidade para o que sinta curiosidade por un tema que nos amosa unha pequena vista á nosa historia e aos que pasaron por estas terras e lles deron nome.  ___________________________________________________________ ABADÍN  (Alba) Deriva dunha antiga  (uilla) Abbatini , forma en xenitivo de  Abbatinus , remitindo ao posesor da  uilla  altomedieval (granxa, explotación agrícola) que tería existido neste lugar. Este antropónimo deriva do latín eclesiástico, como  abbas/abbatis  'abade', co sufixo diminutivo - inus . (cf. A. Boullón, 2014. "Antroponimia medieval galega (ss. VIII–XII)"). Trátase dun topónimo frecuente en Galiza, coas variantes Abedín e Badín. ABELEDO  (Insua, Oleiros) Topónimo transparente, que remite a un lugar no que abundaban as abeleiras. ABRIGUEIRO  (Oleiros) Remite ás cualidades ...